Blue Arteixo
(senda azul)
A Senda Azul transcorre por unha das zonas menos moduladas e artificiais de Arteixo. Está integrada na Rede Natura 2000 como Zona de Especial Conservación Costa da Morte.
A Unesco declarou en 2013 a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras de Mandeo. Arteixo forma parte desta Reserva e ten como zona núcleo o ZEC Costa da Morte, a Senda Azul enmarcase nesta área.
Esta senda está catalogada como sendeiro azul pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), pola súa accesibilidade e respeto ao medio ambiente.
A Senda Azul ten unha lonxitude de 6,4 km e conecta sete das nove praias arteixás: Alba-Sabón, Repibelo, A Hucha, Valcoco , As Combouzas, Barrañán e O Reiro. Son magníficos areais para gozar todo o ano.
O paseo é fácil e moi agradable ó lado do mar. Podemos contemplar o Monumento ao Voyeaur, coñecido como O Vixiador ou O Mirón. Un dos miradoiros de Arteixo máis orixinais.