Arteixo Fluvial

No centro de Arteixo, atópase o Paseo Fluvial do río Bolaño. Ten unha lonxitude de case 3 km que se pode facer á pe ou con bicicleta, pois ten un carril bici. Hai xogos infantis, espazos biosaudables para facer ximnasia.  Nos últimos anos convertiose nun lugar de encontró para a poboación.

Pola súa proximidade a unha das zonas de hostelería máis importantes do municipio é un lugar moi aconsellable en calquera época do ano .

Na contorna do Paseo celébranse varios eventos durante todo o ano. Destacamos:

  • Os sábados, pola maña,  temos un mercado onde podemos adquirir produtos locais de km 0.
  • Festa das Flores no mes de maio. Numerosas actividades lúdicas para todas as edades: concurso de maios, alfombra floral na igrexa parroquial de Santiago, exposicións, música, baile, obradoiros e verbenas na noite.
  • No terceiro fin de semana de outubro celébrase a Feira  Histórica 1900, unha viaxe ao pasado . As persoas acoden vestidas de época e poden disfrutar de exposicións fotográfica, obxetos antigos, carreiras de carrilanas, bailes, xogos, gastronomía, artesanía e moitas actividades relacionadas ca temática de ese ano:  língua, usos, costumes, oficios, atuendos, escola e un sinfín de temas cotiáns.

No mes de decembro, no Nadal, celébrase a Feira do Galo. Nesta feira compiten os mellores galos da comarca. Hai agasallos para os criadores dos fermosos galos.

Explora el Arteixo Fluvial