Arteixo Románico

Arteixo ofrece a posibilidade de que nos atopemos con valiosas mostras de igrexas románicas. Algunhas igrexas proceden de antigos mosteiros de orixe benedictina, mentres que outras son igrexas parroquiais con un encanto especial,  grazas ó marco paisaxístico no que se sitúan.

Os tesouros  do románico de Arteixo están enmarcados nunhas paisaxes naturais de grande beleza.

  1. San Tomé de Monteagudo. Antiguo mosteiro benedictino do século XII. Agora é unha igrexa parroquial de planta basilical con tres naves. A cabeceira ten tres ábsidas semicirculais de grande beleza .
  2. Santaia de Chamín. Representa o románico rural do século XII, de unha nave e ábsida rectangular.  No interior hai unha pía bautismal moi interesante.
  3. Santa Mariña de Lañas. Bonito exemplo do románico do século XII e principios do XIII. Ten unha nave con ábsida rectangular
  4. Santa María de Loureda.  Orixinariamente románica pero sufrio unha trasnformación. A ábsida é románica abovedada en granito con dos arcos apuntado.
  5. San Estevo de Mórás. Construída no ano 1162. Ten unha inscrición no muro exterior. Foi un mosteiro femenino .
  6. San Tirso de Oseiro. Do ano 1162, como indica unha inscrición no lateral da nave. No atrio hai dous sarcófagos de gran valor.
  7. Santa María de Pastoriza. Conservamos a memoria e os datos do templo románico, derrubado no século XVII. Acolle unha virxe do século XIII.
Explora el Románico de Arteixo