A natureza en Arteixo
ZEC Costa da Morte
A rede Nature 2000 é unha rede ecolóxica europea en materia de conservación da biodiversidade, antes composta por lugares de importancia comunitaria LIC, que foron transformados en zonas de especial conservación ZEC
O máis salientábel do tramo arteixan son a praia de Barrañán e a Fraga de Sisalde.
Praia de Barrañán:
O seu alto valor ecolóxico, tanto pola sua representatividade como pola sua singularidade, ten que ser respetado e protexido polos usuarios do areal. A praia ten unha lonxitude de 1200 m e o cordón dunar son 14,00 Ha. Na parte máis occidental da praia desemboca o río Sisalde formando unha pequena ría.
Fraga Sisalde:
Posúe as características dunha “fraga” típica atlántica, onde proliferan carballos, castaños, loureiros, salgueiros e ameneiros. Na fauna destaca a lontra, na contorna do río, o esquío, moi habitual nas polas das árbores, e a escribenta das cananeiras, especie catalogada en “perigo de extinción”. Tamén podemos ver muíños de auga na contorna do río, o que un día foi o desenrolo equilibrado do económico e do social no medio natural.