Arteixo Románico
Arteixo Románico

Igrexa de Santo Tomé de Monteagudo
Do románico avanzado de finais do s.XII.

Igrexa de Santaia de Chamín
Presenta as características das igrexas rurais románicas con posteriores reconstrucións. Na fachada presenta unhas arquivoltas e tímpano cunha cruz.

Igrexa de Santa Mariña de Lañas
Igrexa parroquial dun románico tardío, quizais de comenzos do século XIII.

Igrexa de Santa María de Loureda
Orixinariamente pertencía ao románico pero sufriu unha transformación mediante a cal se aprecia o estilo neoclásico na fachada con forma triangular en parte.

Igrexa de Santo Estevo de Morás
Consta de unha soa nave, ábsida rectangular cos contrafortes unidos en dous arcos semicirculares.

Igrexa de San Tirso de Oseiro
De estilo románico, posúe entre os canzorros o que pode ser a representación máis antiga que se coñece do escudo de Galicia.

Santuario da Nosa Señora de Pastoriza
De orixe románica pero actualmente é unha igrexa barroca, do século XVII.