Xeoloxía de Arteixo: A Senda Azul
Un mar de furnas e non só...
Praia de Alba-Sabón
Descobrirás unha praia aberta e salvaxe coroada por unha atemporalidade de cine. Con todos os servizos e amplos aparcamentos, Alba ofrece augas tranquilas e unha posta de sol na que os barcos do horizonte evocan viaxes lonxanas. Esta praia dispón de bandeira azul.
A praia de Alba está na desembocadura do río Bolaños, na parroquia de Arteixo, e esténdese ata a Pedra do Xiro onde pasa a chamarse de Sabón pertencendo xa á veciña parroquia de Oseiro. Dous nomes e dúas parroquias nun mesmo areal. A carón do Porto Exterior de Langosteira, estas dúas praias teñen óptimas condicións para a práctica de deportes coma o surf e do kitesurf, xogar ao balón…
Pódese dicir que a día de hoxe é o areal mais concorrido do noso concello.
As postas de sol que se desfrutan nesta zona son das máis abraiantes xa que pon no océano. Espectáculo garantido en calquera momento do ano.