Xeoloxía de Arteixo: A Senda Azul
Un mar de furnas e non só...
Praia de Repibelo
Sinalada polo monumento ó Voyeur e cirncundada polo paseo marítimo da costa, esta praia é outro dos templos do surf galego e un dos areais máis vistosos para o visitante que non acostuma a se atopar frecuentemente coa forza do atlántico. Esta praia dispón de bandeira azul.
Despois do illote da Herbosa (coa súa pequena cala) temos tres pequenos areais que son os de Repibelo e xusto a continuación está o da Salsa, sendo este último o máis grande e cunha falsa furna na súa parte dereita, e que lle deu o alcume da “Cova” para os surfeiros. Resgardadas do vento, son as preferidas polas familias.
Podemos camiñar pola Senda Azul ata a praia de Alba, e atoparemos pequenos cantís con nomes tan especiais como O Castelo, Tremballeocú, A Aguieira, As Ermidas, O Aguillón… e a escultura do “Voyeur”, ou “O Mirón colocado no Pichón da Bogueira. Se a nosa mirada vai cara o océano á esquerda contemplamos as illas Sisargas ao lonxe.