Arteixo BTT
Ruta BTT 2: Arteixo - Morás
Arteixo, Lañas, Larín, Loureda e Morás. Aptas para facer sendeirismo a pé e a cabalo.
Practicar deporte é coidar a saúde pero neste caso tamén se coida a formación, tanto histórica coma xeográfica, etnográfica e cultural. A igrexa de Santa Mariña, o Castro de Castelo e o Pazo de Mosende en Lañas xunto coas áreas deportivas e as espléndidas vistas panorámicas que se aprecian desde Larín constitúen un acicate para gozar do tempo de lecer. Continuando cara a Loureda que conta co Castro de Santa Locaia e un fermoso e produtivo val cos seus elementos arquitectónicos, representados pola súa igrexa de Santa María ou do seu Pazo do Atín, observaremos que o tempo de lecer se pode aproveitar para exercitar o corpo e o espírito. Esta ruta compleméntase co percorrido pola parroquia de Santo Estevo de Morás, cuxa igrexa románica, os seus xacementos castrexos, os seus vales e as súas zonas deportivas e culturais non pasan desapercibidas para os amantes do deporte e da natureza.