Mapa Arteixo Verde

Sisalde Amarela
Un espazo case virxe. Bucólico. Alondras e martiños pescadores aínda se poden ver nas súas augas cristalina.
O río Sisalde que desemboca en Barrañan formando unha pequena ría, da nome a esta ruta. Seguindo curso arriba do río atoparemos árbores autóctonas que forma o bosque de galería: ameneiro, salgueiro, sabugueiro e abeleira, entre outros. En fauna, destaca a lontra , mamífero que desenvolve a súa actividade o longo do río.
Hai que engadir que a senda recolle un espectro bastante amplo da biodiversidade do termo municipal de Arteixo. A zona máis setentrional é a praia e dunas de Barrañán, onde se poden distinguir tres zonas ben diferenciadas: duna primaria embrionaria, duna secundaria ou móbil e duna terciaria cincenta ou fixa.

Fraga de Sisalde
A Fraga de Sisalde en Barrañán e a continuación o río Boedo é un espazo natural, salientando as brañas da parte baixa do leito do río e o bosque de Sisalde.

Sisalde Amarela
Un espazo case virxe. Bucólico. Alondras e martiños pescadores aínda se poden ver nas súas augas cristalina.

Sisalde Vermella
Discurre entre pequenas fervenzas como a da Groba, ringleiras de loureiros, zonas de cultivo, áreas recreativas e moitos muíños

ZEC Costa da Morte
Espacio protexido, para a conservación dos hábitats naturais, da fauna e flora silvestres, co obxeto de salvagardar os espacios naturais máis importantes de Eu

Sisalde Folk
Unha romería tradicional con música, baile, artesanía, xogos populares, gastronomía e moitas ganar de pásalo moi ben.