O máis destacado de Arteixo

A Ponte dos Brozos

A Ponte dos Brozos

Consérvase en bo estado e, ao parecer, pertencería á Vía XX,  Per Loca Marítima, do itinerario do emperador Caracalla.

Atópase na parroquia de Santiago de Arteixo, nas inmediacións do Polígono de Sabón. Atravesa o río Bolaños e trátase dunha obra de dous arcos con contracorrentes no medio deles e un lixeiro peralte, con ramplas de acceso e a calzada orixinal. Consérvase en bo estado e, ao parecer, pertencería á Vía XX,  Per Loca Marítima, do itinerario do emperador Caracalla.