O máis destacado de Arteixo

Igrexa de San Tirso de Oseiro

Igrexa de San Tirso de Oseiro

De estilo románico, posúe entre os canzorros o que pode ser a representación máis antiga que se coñece do escudo de Galicia.

De estilo románico, posúe entre os canzorros que sosteñen o tornachoivas, un no cal se representa un cáliz con hostia que pode ser a representación máis antiga que se coñece do escudo de Galicia.

É dunha nave, cuberta de madeira, con ábsida rectangular agregado a un corpo de presbiterio cuberto de bóveda de canón semicircular, sobre dous arcos da mesma directriz, apoiados sobre semicolumnas arrimadas. No testeiro da nave hai un pequeno rosetón de molduras e arquiños semicirculares e no fondo da ábsida atópase unha xanela cega.

Visita virtual

PDF +info