Xacementos Arqueolóxicos
Castro de Santa Locaia
Coñecido como o Coto de Santa Locaia, está situado nun emprazamento privilexiado sobre o val de Loureda.
Coñecido como o Coto de Santa Locaia, está situado nun emprazamento privilexiado sobre o val de Loureda.
Ten forma circular, e boas defensas naturais por estar no alto dunha zona rochosa. En toda a área apareceron restos de tella vella, polo que tamén podemos pensar que foi un asentamento medieval. Moi deteriorado pola instalación dunha antena. A conca visual cara o mar abrangue a Torre de Hércules e parte do Golfo Ártabro.
Petróglifo de Baer
Petróglifo illado, con gravados de círculos concéntricos.
Marco da Anta
A súa cronoloxía corresponde ao Neolítico-Calcolítico (4.500-2.500AC).
Castro de Castelo (Lañas)
Cunha forma elíptica é unha fortificación composta por dúas estruturas circulares concéntricas.
Castro da Penouqueira
No cumio do monte da Penouqueira, hoxe desaparecido pola construción dun depósito de auga e varias estradas.
Castro da Rocheira
Situado na aba do monte de Santa Locaia.
Castro das Croas
Ocupa o cume dun montículo que domina a súa contorna, moi deteriorado polos usos agrícolas.
Castro de Canzobre
Recinto de forma ovalada, moi alterado polas edificacións e labores de gandería nel levadas a cabo.
Castro de Castelo (Sorrizo)
Cunha forma elíptica é o que presenta mellor estado de conservación dos que temos no concello.
Castro de Cociñadoiro
Datado entre o S. IX e o S. VI AC foi escavado no ano 2005 na súa totalidade debido ás obras de construción do porto exterior de Langosteira.
Castro de Figueiroa
Ten forma oval, pero está moi deteriorado sobre todo na parte oriental polas construcións alí feitas.
Castro de Freán
Castro de forma rectangular-oval coas esquinas redondeadas.
Castro de Galán
Ten planta circular, e está moi alterado polos usos agrícolas.
Castro de Laxobre
Dous castros asociados cun antecastro común, con planta circular lixeiramente ovalada.
Castro de Pastoriza
Castro que podemos considerar de primeiro orde polo control de territorio e vías de comunicación debido ao seu emprazamento.
Castro de Rañobre
Forma elíptica coas defensas moi suavizadas polas labores agrícolas que durante séculos alí se veñen realizando.
Castro de Santa Icía
Forma circular, pero moi deformado.
Castro de Nostián
Con restos de dúas vivendas circulares.
Castro de Mirón
Ten forma circular, e estaba rodeado dun dobre parapeto que cubría todos os sectores.
Castro de Santa Locaia
Coñecido como o Coto de Santa Locaia, está situado nun emprazamento privilexiado sobre o val de Loureda.
Castro do Petón
Sitúase nun outeiro de pouca altura que se eleva sobre a súa contorna.
Castro do Puntido
Situado nunha punta a carón do Porto de Suevos, moi destruído.
Petróglifo de Oseiro
Pedra exenta encaixada no muro exterior dunha casa na contorna da igrexa de San Tirso de Oseiro.
Petróglifos de Mina A Rosa
Conxunto de 4 afloramentos localizados por D. Luís de Monteagudo no ano 1950 onde naquel tempo estaba unha explotación mineira de wolfram.