Ruta Milagres de Caión

Ruta Milagres de Caión

Unha ruta moi agradable que recupera a historia e que nos permite gozar do noso patrimonio natural e cultural

A senda formaba parte das principais arterias de comunicación entre A Coruña e Caión na antigüedade  e agora, coa súa recuperación, permite integrarse máis na paisaxe e sentir toda a beleza do mar, que acompaña en todo momento o andar.

Sen lugar a dúbidas, unha ruta moi agradable que recupera a historia e que nos permite gozar do noso patrimonio natural e cultural, dando tamén apoio aos peregrinos no seu camiñar como parte da súa devoción a Virxe dos Milagres.