Roteiros e sendas
Se o teu é camiñar poderás facelo nunha contorna inmellorable, combinando o verde da Costa de Arteixo co azul do noso océano ou entrar nos nosos bosques.
Ruta Rego da Graña
A ruta sinalizada ten pouco máis de 2 quilómetros e podemos ver os muíños de auga de Goreche e de Batán
Discurrre a carón do rego da Graña, foi sinalizada e limpada por un particular pola proposta da veciñanza. Fácil de seguir dende a estrada AC-552 na parroquia de Larín, uns metros despois do Club de Golf Hércule.
A ruta sinalizada ten pouco máis de 2 quilómetros e podemos ver o muíño de auga de Goreche cerca da Chousa dos Cubos e o muíño de Batán, nos prados de Batán , que ao seu carón ten unha pequena fervenza.
Senda Azul - Paseo marítimo Arteixo-Barrañán
O paseo marítimo Arteixo-Barrañán, tamén coñecido como Senda Azul percorre a nosa costa desde o areal de Sabón até o areal de Barrañán.
Sisalde Amarela
Un espazo case virxe. Bucólico. Alondras e martiños pescadores aínda se poden ver nas súas augas cristalina.
Paseo fluvial Río Bolaños
Discorre polo centro da capital municipal de Arteixo e na súa contorna pódese gozar da ornitoloxía, da fauna acuática e do lecer.
Sisalde Vermella
Discurre entre pequenas fervenzas como a da Groba, ringleiras de loureiros, zonas de cultivo, áreas recreativas e moitos muíños
Ruta Milagres de Caión
Unha ruta moi agradable que recupera a historia e que nos permite gozar do noso patrimonio natural e cultural
Ruta Rego da Graña
A ruta sinalizada ten pouco máis de 2 quilómetros e podemos ver os muíños de auga de Goreche e de Batán
Roteiro do Santuario de Pastoriza
Un dos tradicionais puntos de peregrinación relixiosa en Arteixo e toda a comarca coruñesa.