Roteiro do Santuario de Pastoriza

Roteiro do Santuario de Pastoriza

Un dos tradicionais puntos de peregrinación relixiosa en Arteixo e toda a comarca coruñesa.

Un dos tradicionais puntos de peregrinación relixiosa en Arteixo e toda a comarca coruñesa. A Virxe de Pastoriza goza de gran popularidade. A lenda conta que o rei suevo Rechiario, o primeiro rei cristián de Hispania, fundou a igrexa de Pastoriza na cal se adoraba unha imaxe da Virxe.

A ruta que propoñemos parte da capital municipal para percorrer as marxes do Río Bolaños até ó litoral. Chegaremos a Rañobre bordeando o mar e finalmente á Fonte do Ouro e ao Santuario.