Roteiros e sendas

Se o teu é camiñar poderás facelo nunha contorna inmellorable, combinando o verde da Costa de Arteixo co azul do noso océano ou entrar nos nosos bosques.

Ruta Rego da Graña

Ruta Rego da Graña

A ruta sinalizada ten pouco máis de 2 quilómetros e podemos ver os muíños de auga de Goreche e de Batán

Discurrre a carón do rego da Graña, foi sinalizada e limpada por un particular pola proposta da veciñanza. Fácil de seguir dende a estrada AC-552 na parroquia de Larín, uns metros despois do Club de Golf Hércule. 

A ruta sinalizada ten pouco máis de 2 quilómetros e podemos ver o muíño de auga de Goreche cerca da Chousa dos Cubos e o muíño de Batán, nos prados de Batán , que ao seu carón ten unha pequena fervenza.