Praias de Arteixo
Praias de area branca e fina
O Areal de Alba
Descobrirás unha praia aberta e salvaxe coroada por unha atemporalidade de cine. Con todos os servizos e amplos aparcamentos, Alba ofrece augas tranquilas e unha posta de sol na que os barcos do horizonte evocan viaxes lonxanas. Esta praia dispón de bandeira azul.
O Areal de Alba está na desembocadura do río Bolaños, na parroquia de Arteixo, e esténdese ata a Pedra do Xiro onde pasa a chamarse O Areal de Sabón pertencendo xa á veciña parroquia de Oseiro. Dous nomes e dúas parroquias nun mesmo areal. A carón do Porto Exterior de Langosteira, estas dúas praias teñen óptimas condicións para a práctica de deportes coma o surf e do kitesurf, xogar ao balón…
Pódese dicir que a día de hoxe é o areal mais concorrido do noso concello.