Praias de Arteixo
Praias de area branca e fina

Praia de Barrañán
Pérdete entre o paseo de dunas e déixate agarimar polos xuncos que se precipitan á ría antes de chegar ó mar. Se eres dos que disfruta do sol en soidade ou o surf é a túa paixón, ésta é a túa praia.
Con amplos espazos de aparcamento e todos os servizos necesarios para tomar un bo refrexerio ou cear admirando unha posta de sol única. Esta praia dispón de bandeira azul.
Areal batido polas bravas ondas do océano o que fai que sexa ideal para a práctica de surf, mesmo conta con varias escolas para a iniciación ou perfeccionamento deste deporte na súa contorna.
Praia de area branca e fina, ten un paseo marítimo nas súas inmediacións con espazos e mobiliario recreativo así coma un importante sistema de dunas, que forman unha pequena marisma, protexendo os Boedos do río Sisalde que ven de percorrer o val de Barrañán e pasar pola fermosa Fraga de Sisalde.










