Praias de Arteixo
Praias de area branca e fina

Praia de O Reiro
É una desas praias agochadas. Para os que buscan un espazo de natureza único batido por un mar embravecido entre rochas e verde do atlántico.
Pequena praia da parroquia de Santaia de Chamín dividida en dúas partes pola Punta de Santa Irene.
É una desas praias agochadas. Para os que buscan un espazo de natureza único batido por un mar embravecido entre rochas e verde do atlántico. Esta praia dispón de bandeira azul.
Nos anos setenta aquí se atoparon restos dun campamento costeiro do Mesolítico (dos poucos na provincia da Coruña).

Praia de Barrañán
Se eres dos que disfruta do sol en soidade ou o surf é a túa paixón, ésta é a túa praia.

Praia de Alba-Sabón
Descobrirás unha praia aberta e salvaxe coroada por unha atemporalidade de cine.

Praia de Valcovo
Os golfiños patrullan Valcovo case cada atardecer de verán para agarimar a imaxinación dos pequenos que chapotean neste fermoso curruncho de costa.

Praia de Combouzas
A primeira praia nudista de Galicia e unha das primeiras de España. Íntima, de area branca e fina, se esconde entre acantilados que miran ao mar sen obstáculos.

Praia da Hucha
De area branca rodeada de gaiolos na súa entrada é un dos segredos mellor gardados da costa de Arteixo.

Praia de O Reiro
É una desas praias agochadas. Para os que buscan un espazo de natureza único batido por un mar embravecido entre rochas e verde do atlántico.

Praia de Area Pequena de Suevos
Pequena praia nunha beira do porto de Suevos, de area branca e fina. Pode sorprender ao visitante pola súa beleza e as vistas ao lonxe do golfo Ártabro.

Praia de Repibelo
Esta praia é outro dos templos do surf galego e un dos areais máis vistosos para o visitante que non acostuma a se atopar frecuentemente coa forza do atlántico.

Praia de Area Grande de Suevos
Esta praia é un pequeno recuncho do noso litoral, de area branca e fina, coma a súa veciña de Area Pequena, son das menos coñecidas.

Porto de Sorrizo
Pequeno porto natural situado na parroquia de San Pedro de Sorrizo, no que dende antigo os pescadores deixaban as súas lanchas.

Porto de Suevos
É un acolledor porto na parroquia de San Martiño de Suevos, xestionado por Portos de Galicia.