Praias de Arteixo
Praias de area branca e fina
O Areal de Auga Doce
Unha xoia costeira virxe e tranquila en Suevos, ideal para quen busca natureza e augas cristalinas sen aglomeracións.
-
Localización: Parroquia de San Martiño de Suevos, Arteixo (A Coruña).
-
Dimensións: Lonxitude de 110 metros.
-
Tipo de area: Area grosa e dourada.
-
Contorna: Praia aberta, rodeada de cantís baixos e vexetación autóctona.
-
Acceso: Pódese acceder a pé a través de sendeiros que conectan co núcleo de Suevos ou as proximidades do porto.
-
Servizos: Ao ser unha praia máis natural, carece dos servizos urbanos habituais (como duchas ou socorrismo constante), polo que se recomenda precaución durante o baño.
-
Interese: O seu nome "Auga Doce" suxire a presenza de mananciais ou pequenos regatos de auga doce que desembocan ou se filtran na zona.
O Areal de Auga Doce
Unha xoia costeira virxe e tranquila en Suevos, ideal para quen busca natureza e augas cristalinas sen aglomeracións.
Praia de Area Grande (Suevos)
Esta praia é un pequeno recuncho do noso litoral, de area branca e fina, coma a súa veciña, a praia da Area do Porto, son das menos coñecidas.
Praia da Area do Porto (Suevos)
Pequena praia nunha beira do porto de Suevos, de area branca e fina. Pode sorprender ao visitante pola súa beleza e as vistas ao lonxe do golfo Ártabro.
O Areal de Sabón
Descobrirás unha praia aberta e salvaxe coroada por unha atemporalidade de cine.
O Areal de Alba
Descobrirás unha praia aberta e salvaxe coroada por unha atemporalidade de cine.
Praia da Area da Salsa
Esta praia é outro dos templos do surf galego e un dos areais máis vistosos para o visitante que non acostuma a se atopar frecuentemente coa forza do atlántico.
Praia da Herbosa
Praia de area fina e augas tranquilas en Suevos, Arteixo.
Praia de Area Pequena (Valcobo)
De area branca rodeada de gaiolos na súa entrada é un dos segredos mellor gardados da costa de Arteixo.
Praia de Area Grande (Valcovo)
Os golfiños patrullan Valcovo case cada atardecer de verán para agarimar a imaxinación dos pequenos que chapotean neste fermoso curruncho de costa.
O Areal de Combouzas
A primeira praia nudista de Galicia e unha das primeiras de España. Íntima, de area branca e fina, se esconde entre acantilados que miran ao mar sen obstáculos.
O Areal de Barrañán
Se eres dos que disfruta do sol en soidade ou o surf é a túa paixón, ésta é a túa praia.
Porto de Sorrizo
Pequeno porto natural situado na parroquia de San Pedro de Sorrizo, no que dende antigo os pescadores deixaban as súas lanchas.
Porto de Suevos
É un acolledor porto na parroquia de San Martiño de Suevos, xestionado por Portos de Galicia.