Praias de Arteixo
Praias de area branca e fina
Areal de Repibelo
Praia tranquila e natural en Arteixo, ao carón do Areal da Salsa.
Areal de Repibelo é unha praia de carácter salvaxe situada en Arteixo, ao carón do Areal da Salsa, nunha contorna natural pouco alterada que lle confire un encanto especial. A súa area fina e as augas limpas fan dela un lugar atractivo para pasear, descansar ou simplemente gozar da paisaxe mariña. Ao non ser unha praia masificada, conserva unha atmosfera tranquila e auténtica, ideal para persoas que valoran a calma e o contacto directo coa natureza. Ademais, a zona que a rodea adoita contar con vexetación autóctona e vistas abertas ao océano, ofrecendo unha experiencia máis íntima e relaxante que outras praias máis coñecidas.
Areal de Auga Doce
Unha xoia costeira virxe e tranquila en Suevos, ideal para quen busca natureza e augas cristalinas sen aglomeracións.
Praia de Area Grande (Suevos)
Esta praia é un pequeno recuncho do noso litoral, de area branca e fina, coma a súa veciña, a praia da Area do Porto, son das menos coñecidas.
Praia de Area Pequena (Porto de Suevos)
Pequena praia nunha beira do porto de Suevos, de area branca e fina. Pode sorprender ao visitante pola súa beleza e as vistas ao lonxe do golfo Ártabro.
Porto de Suevos
É un acolledor porto na parroquia de San Martiño de Suevos, xestionado por Portos de Galicia.
Areal de Sabón
Descobrirás unha praia aberta e salvaxe coroada por unha atemporalidade de cine.
Areal de Alba
Descobrirás unha praia aberta e salvaxe coroada por unha atemporalidade de cine.
Areal da Salsa
Este areal é outro dos templos do surf galego e un dos areais máis vistosos para o visitante que non acostuma a se atopar frecuentemente coa forza do atlántico.
Areal de Repibelo
Praia tranquila e natural en Arteixo, ao carón do Areal da Salsa.
Areal da Herbosa
Praia de area fina e augas tranquilas en Suevos, Arteixo.
Praia de Area Pequena (Valcovo)
De area branca rodeada de gaiolos na súa entrada é un dos segredos mellor gardados da costa de Arteixo.
Praia de Area Grande (Valcovo)
Os golfiños patrullan Valcovo case cada atardecer de verán para agarimar a imaxinación dos pequenos que chapotean neste fermoso curruncho de costa.
Areal de Combouzas
A primeira praia nudista de Galicia e unha das primeiras de España. Íntima, de area branca e fina, se esconde entre acantilados que miran ao mar sen obstáculos.
Areal de Barrañán
Se eres dos que disfruta do sol en soidade ou o surf é a túa paixón, ésta é a túa praia.
Areal do Reiro
É una desas praias agochadas. Para os que buscan un espazo de natureza único batido por un mar embravecido entre rochas e verde do atlántico.
Porto da Bendición
Pequeno porto tradicional galego vinculado á pesca artesanal e á cultura mariñeira.
Porto dos Cabalos
Pequeno porto tradicional galego asociado á pesca artesanal e ao litoral rochoso atlántico.
Porto de Sorrizo
Pequeno porto natural situado na parroquia de San Pedro de Sorrizo, no que dende antigo os pescadores deixaban as súas lanchas.
Campelo
Zona costeira do Sorrizo caracterizada por unha pequena chaira litoral e alto valor paisaxístico.