The heritage of Arteixo
Castro de Cociñadoiro
Datado entre o S. IX e o S. VI AC foi escavado no ano 2005 na súa totalidade debido ás obras de construción do porto exterior de Langosteira, os restos atopados están depositados para a súa musealización.
A interpretación inicial do poboado como factoría de produtos metálicos tivo lugar durante o proceso de escavación pois, desde un primeiro momento, detectáronse unha serie de estruturas que non concordaban con actividades de tipo doméstico senón que estaban asociadas a actividades de transformación de metais. A caracterización da entidade do poboado como factoría metalúrxica realízase a partir das analíticas das evidencias de metais e escorias localizados e da análise das distintas estruturas arqueolóxicas vinculadas a este proceso produtivo, atopándose polo menos 20 fornos de distintos tipos.