The heritage of Arteixo

Petróglifos de Mina A Rosa

Petróglifos de Mina A Rosa

Conxunto de 4 afloramentos localizados por D. Luís de Monteagudo no ano 1950 onde naquel tempo estaba unha explotación mineira de wolfram.

Fotografía: Xabier Maceiras

Conxunto de 4 afloramentos localizados por D. Luís de Monteagudo no ano 1950 onde naquel tempo estaba unha explotación mineira de wolfram co nome mina La Rosa, o que lle dou o nome aos petróglifos.

En cada un deles atopamos unha gran variedade de cazoletas, círculos concéntricos e combinacións circulares; destacan pola cantidade e a boa conservación os coñecidos como Mina La Rosa 1 (dúas combinacións de círculos concéntricos, combinacións circulares e máis de 30 cazoletas) e Mina La Rosa 2 (dúas combinacións de círculos concéntricos entrelazados, pequena combinación de semicírculos e 3 cazoletas)