Castro de Castelo (Sorrizo)

Castro de Castelo (Sorrizo)

Cunha forma elíptica é o que presenta mellor estado de conservación dos que temos no concello.

Cunha forma elíptica é o que presenta mellor estado de conservación dos que temos no concello.

Posición estratéxica cara a costa, cunhas dimensións aproximadas de150m x 100m. Alto parapeto en todo o perímetro, sobre todo na parte onde as defensas naturais son menores. Conta cunha ampla terraza no sector N-NE defendida tamén cun pequeno parapeto exterior. Atopado un muíño de man, custodiado por un veciño.