O patrimonio de Arteixo

Igrexa de Santa Eufemia

Museo Mar de Sorrizo

A Ponte dos Brozos
Consérvase en bo estado e, ao parecer, pertencería á Vía XX, Per Loca Marítima, do itinerario do emperador Caracalla.

Igrexa de San Tirso de Oseiro
De estilo románico, posúe entre os canzorros o que pode ser a representación máis antiga que se coñece do escudo de Galicia.

Igrexa de Santa María de Loureda
Orixinariamente pertencía ao románico pero sufriu unha transformación mediante a cal se aprecia o estilo neoclásico na fachada con forma triangular en parte.

Igrexa de Santaia de Chamín
Presenta as características das igrexas rurais románicas con posteriores reconstrucións. Na fachada presenta unhas arquivoltas e tímpano cunha cruz.

Igrexa de Santo Estevo de Morás
Consta de unha soa nave, ábsida rectangular cos contrafortes unidos en dous arcos semicirculares.

Igrexa de Santa Mariña de Lañas
Igrexa parroquial dun románico tardío, quizais de comenzos do século XIII.

Igrexa de Santo Tomé de Monteagudo
Do románico avanzado de finais do s.XII.

Petróglifo de Baer
Petróglifo illado, con gravados de círculos concéntricos.

Santuario da Nosa Señora de Pastoriza
De orixe románica pero actualmente é unha igrexa barroca, do século XVII.

Marco da Anta
A súa cronoloxía corresponde ao Neolítico-Calcolítico (4.500-2.500AC).

Balneario de Arteixo
É o edificio máis emblemático, data do século XVIII e durante moitos anos foi o famoso balneario de Arteixo.

Castro de Castelo (Lañas)
Cunha forma elíptica é unha fortificación composta por dúas estruturas circulares concéntricas.

Castro de Castelo (Sorrizo)
Cunha forma elíptica é o que presenta mellor estado de conservación dos que temos no concello.

Castro de Canzobre
Recinto de forma ovalada, moi alterado polas edificacións e labores de gandería nel levadas a cabo.

Castro das Croas
Ocupa o cume dun montículo que domina a súa contorna, moi deteriorado polos usos agrícolas.

Castro de Figueiroa
Ten forma oval, pero está moi deteriorado sobre todo na parte oriental polas construcións alí feitas.

Castro de Galán
Ten planta circular, e está moi alterado polos usos agrícolas.

Castro de Laxobre
Dous castros asociados cun antecastro común, con planta circular lixeiramente ovalada.

Castro de Pastoriza
Castro que podemos considerar de primeiro orde polo control de territorio e vías de comunicación debido ao seu emprazamento.

Castro de Cociñadoiro
Datado entre o S. IX e o S. VI AC foi escavado no ano 2005 na súa totalidade debido ás obras de construción do porto exterior de Langosteira.

Castro de Rañobre
Forma elíptica coas defensas moi suavizadas polas labores agrícolas que durante séculos alí se veñen realizando.

Castro da Penouqueira
No cumio do monte da Penouqueira, hoxe desaparecido pola construción dun depósito de auga e varias estradas.

Castro da Rocheira
Situado na aba do monte de Santa Locaia.

Castro de Freán
Castro de forma rectangular-oval coas esquinas redondeadas.

Castro de Mirón
Ten forma circular, e estaba rodeado dun dobre parapeto que cubría todos os sectores.

Castro de Nostián
Con restos de dúas vivendas circulares.

Castro de Santa Locaia
Coñecido como o Coto de Santa Locaia, está situado nun emprazamento privilexiado sobre o val de Loureda.

Castro de Santa Icía
Forma circular, pero moi deformado.

Castro do Puntido
Situado nunha punta a carón do Porto de Suevos, moi destruído.

Castro do Petón
Sitúase nun outeiro de pouca altura que se eleva sobre a súa contorna.

Igrexa parroquial de Santiago Apóstolo

Pazo Anzobre
Na parroquia de San Pedro Armentón, data do século XVII . Aquí se celebra a popular romería dos Remedios. É propiedade privada, non visitable.

Pazo Atín
Data do século XVII de estilo barroco. E de propiedade privada, non visitable.

Pazo de Covadas
Na parroquia de San Pedro de Sorriso. De estilo barroco datado no século XVII. Ten un maxestuoso balcón. É de propiedade privada, non visitable

Pazo de Mosende
Na parroquia de Santa Mariña de Lañas . De estilo barroco, datado no século XVII. É propiedade privada, non visitable.

Petróglifos de Mina A Rosa
Conxunto de 4 afloramentos localizados por D. Luís de Monteagudo no ano 1950 onde naquel tempo estaba unha explotación mineira de wolfram.

Petróglifo de Oseiro
Pedra exenta encaixada no muro exterior dunha casa na contorna da igrexa de San Tirso de Oseiro.

Mercado do Sábado

Capela da Estrela
Capela en ruínas na Parroquia de Monteagudo

Igrexa de Santa Eufemia

A Capela (antiga capela do Balneario de Arteixo)

Capela de San Bartolomé

Capela de San Paio e Santa Icía

Capela de San Roque

Capela do Espíritu Santo

Capela do Pazo de Anzobre

Capela do Pazo de Atín

Igrexa de San Xosé Obreiro

Igrexa parroquial de San Estevo

Igrexa parroquial de San Xian

Igrexa parroquial de San Pedro de Sorrizo

Igrexa parroquial de San Pedro de Armentón

Igrexa parroquial de San Martiño