O patrimonio de Arteixo

Santuario da Nosa Señora de Pastoriza

Santuario da Nosa Señora de Pastoriza

De orixe románica pero actualmente é unha igrexa barroca, do século XVII.

De orixe románica pero actualmente é unha igrexa barroca, do século XVII, de unha soa nave e cun presbiterio que ten forma de ábsida semicircular románica, reminiscencia da antiga igrexa medieval sobre o solar onde se reconstruíu esta.

Acubilla unha imaxe da Virxe que data do século XIII. Sobre unha porta tapiada do muro norte conserva un tímpano, ao parecer do século XIV, coa Virxe sentada co Neno e os restos dunha inscrición de lectura difícil.

Visita virtual

PDF +info