O patrimonio de Arteixo

Igrexa de Santo Tomé de Monteagudo

Igrexa de Santo Tomé de Monteagudo

Do románico avanzado de finais do s.XII.

Do románico avanzado de finais do s.XII. A cuberta é a dúas augas e a planta basilical, de tres naves e tres ábsidas semicirculaes nos que se abren sinxelas xanelas con arco de medio punto agregadas a corpos ou tramos rectangulares.

A porta principal é moderna e a do muro norte, de arco semicircular, está tapiada; a do sur ten unha arquivolta semicircular tórica sobre unha columna por lado.

Os arcos de ingreso ás tres ábsidas son apuntados sobre semicolumnas acaroadas, pero os que están ao fondo destes, son de medio punto.

Visita virtual

PDF +info